PREGUNTAS FRECUENTES (F.A.Q.)

  1. Acabo de comentar nunha das noticias pero non vexo o meu comentario ¿Non funciona o envío de comentarios?

    O envío de comentarios funciona perfectamente, pero tódolos comentarios pasan por mans dun moderador antes de ser publicados, isto implica que dende que comentades ata que se publique pode haber un retraso importante. Isto só sucede a primeira vez que publicades un comentario, unha vez aprobado o primeiro, poderedes publica-los seguintes sen esperas.

  2. ¿Por qué ten que haber moderador? ¿Non sería mellor publica-los comentarios directamente?

    Os motivos para a presenza de moderador son dous:

    - Elimina-la presenza de spam (publicidade non desexada) no sitio.

    - Animar á xente a que participe nos foros. Segui-las conversas nos comentarios de cada unha das noticias é unha lata para todos. É moito mellor participar no foro e telo todo ben organizado e xerarquizado. Para ler os diferentes temas no foro non fai falla estar rexistrado, para publicar sí. Podedes rexistrarvos no propio foro. Se non sabedes como facelo podedes contactar connosco para que vos proporcionemos un nome de usuario e un contrasinal.

  3. ¿Qué diferencia hai entre comentar baixo as noticias e comentar nos foros?

    Os comentarios da páxina principal, que podedes ver baixo as noticias son independentes dos dos foros. Os primeiros, utilízanse para facer algunha apreciación sobre a noticia publicada. Non son un bo medio para entablar debate xa que:

    - Os comentarios non teñen ningunha organización entre eles, simplemente aparecen coma un listado, uns tras outros facendo que manter varias conversas diferentes sexa un caos.

    - A medida que van aparecendo novas noticias as vellas desaparecen da portada e tedes que andar buscándoas para seguir parolando (aínda que podedes seguir visualizándoas nos enlaces da dereita, por categorías en Noticias por Categoría e por data en Arquivos). Podedes localizar onde se realizaron os cinco últimos comentarios en Andan esbardallando…

    Os foros son un servicio externo e independente engadido á páxina para supli-las carencias do sistema de comentarios. As vantaxes e características dos foros son moitas, como a creación de enquisas, os mensaxes privados ou o rexistro de usuarios con perfiles personalizables, pero o mais destacable é que permiten ós usuarios o anidamento dos comentarios en diferentes temas/conversas. Isto quere dicir que nos creámo-los foros por tema, como “futbolín”, pero vos tedes liberdade para organiza-las vosas conversas como queirades, creando algunhas novas ou debatindo nas que xa existen.

  4. ¿É gratuito o rexistro de usuarios do foro? ¿Cómo funciona?

    O rexistro de usuarios é totalmente gratuito, únicamente require encher un formulario. Consiste en elexir un nome polo cal seredes coñecidos no foro e un contrasinal asociado, para evitar que ninguén mais poida utilizar tal nome no foro. Todo o proceso está explicado no propio foro, podes velo pulsando aquí.


Escribe un comentario