Inaugurámo-la nova páxina
Inaugurámo-la nova páxina que acabará sustituindo á actual de WordPress e tamén ós foros. Todo parece funcionar correctamente aínda que de momento podemos considerala en fase de testeo.
Como a xente e vaga por natureza imos a actualizar primeiro as noticias na nova páxina e en ésta un día mais tarde. As ligas só serán actualizadas na nova. Con esto pretendemos animarvos (ou obrigarvos) á que visitéde-la nova. Resultaríanos moi interesante e útil obter tódalas opinións, suxerencias e problemas cos que vos atopedes. Pronto teremos dispoñible unha páxina de axuda para comenta-las peculiaridades da nova web. Todo o contido desta páxina e dos foros incluíndo prácticamente tódolos comentarios están na nova, así que non perdedes nada.
Os usuarios da seguinte lista non deben crear novo usuario, xa tendes un mensaxe privado no vello foro co voso nome de usuario e contrasinal:
Neo
Toni_coru
Toni
Arena
Casal
Avatar
Mapuche
abu
panderetto
Franz
Mílu
Némesis
El Capo
Podedes acceder á nova páxina pulsando aquí
NOTA: Esta deseñada para unha resolución de 1024×768 ou maior aínda que debería visualizarse correctamente a 800×600. Pronto teremos un estilo novo con só dúas columnas para os usuarios que dispoñan desta resolución de pantalla. A páxina non se visualiza correctamente na versión 5.x do Explorer, é un problema do propio navegador, éstos usuarios poden utilizar calquera outro navegador coma o Firefox que é gratuito, multiplataforma e mais respetuoso cos estándares.

Escribe un comentario